sábado, 9 de agosto de 2014
venres, 8 de agosto de 2014
Ambente festeiro en Lorient
En calquera esquina hai xente tocando e bailando, talledes de aprendizaxe de instrumentos, danzas etc...
Os que mais, os irlandeses mais tamén bretóns, por suposto, escoceses, illa de man, gales etc...
Poucos galegos, hai que tomar nota para o ano.
xoves, 7 de agosto de 2014
Festival celta de Lorient.
Xa estamos en Lorient, no festival de música celta, estivemos vendo o programa e hai unha chea de actos, de pago e mais públicos, imos ver a asociación Donaire xunto con un grupo de danza irlandesa e mais outro australiano-irlandes.
Pesca en Lorient.
A robaliza que pescou onte Roque en Lorient,no porto, diante da caseta de Asturias, usando de carnada un pouco de crepe que sobrara da cea.
Había tamén un robalo de varios quilos pero tivemos que cortarnos de seguir porque andaba por alí a policía.
Ó final regalámoslla ós asturianos que nos viron pescala e non acreditaban o que estaban vendo.
Despois estivemos vendo robalizas toda a tardw pero non era plan poñerse a pescar porque estaba ateigado de xente.
Concarneau.
Aquí estamos en Concarneau (hai que ler Concarnó) na foto está unha creperia na que pedimos sitio para cear.
Empezamos.
Xa estámos de vacacións e despois de moito planificar a viaxe, loxística, economía etc... agora si que nos puxemos en marcha.
Collimos o ferri en Xixón, estabamos un pouco intranquilos por si levabamos todo en regla, billetes, documentación, horarios, localizacións ... pero saiu todo ben e poñemos unha foto a bordo.