A robaliza que pescou onte Roque en Lorient,no porto, diante da caseta de Asturias, usando de carnada un pouco de crepe que sobrara da cea.
Había tamén un robalo de varios quilos pero tivemos que cortarnos de seguir porque andaba por alí a policía.
Ó final regalámoslla ós asturianos que nos viron pescala e non acreditaban o que estaban vendo.
Despois estivemos vendo robalizas toda a tardw pero non era plan poñerse a pescar porque estaba ateigado de xente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario